“Gañar espazo público. Para a construción de vivenda privada?”. Antón Luaces

27 Xuño 2024

É unha pregunta/afirmación inocente a do titular. Por este motivo tento razonalas: a cidade da Coruña foi medrando, históricamente, dende que alguén tivo a ocorrencia de facer recheos que achicaron o espazo do bordo marítimo e ampliar o terrestre. O mesmo aconteceu en Vigo, en Cangas, Vilagarcía, Marín, Burela, Ribeira, Cariño, Malpica, Viveiro, Sada e un longo etcétera que sumarìan milleiros de metros cadrados gañados ao mar e que pasaron a seren dependentes das Autoridades Portuarias en determinados casos dependentes á súa vez do Estado ou das autonomías (como a inmensa maioría dos portos galegos). 

Estes espazos gañados ao mar convertéronse nunha extensión que ampliaba a do propio concello chegando os habitantes destes a consideralos como propios do municipio cando, na realidade, estes milleiros de metros cadrados son propiedade de Portos do Estado ou, no que atinxe aos pertencentes á comunidade galega, a Portos de Galicia, organismo á súa vez integrado na estrutura da Xunta cuxo funcionamento pagamos dobremente os aquí residentes polas vías autonómica e estatal.   

Dadas as espectativas xeradas polo cambio climático, moitos deses espazos gañados ao mar serán recuperados por este debido, sobre todo, ao desxeo. Imposible facer unha previsión sobre cando se van rexistrar estes cambios  que os científicos prognostican dende vaui anos; mais o certo é que o que se agoira non é moi agradable e non significará beneficio algún para o territorio e os que habiten este. Sen embargo, os responsables portuarios tentan, xa, amorear proxectos que lles reporten beneficios -sobre todo económicos- cos que facer fronte a, por exemplo, gastos derivados dos intereses xerados por préstamos suscritos con  Portos do Estado, Portos de Galicia ou distintas entidades bancarias. En calquera caso, diñeiro público que aportamos todos e cada un dos cidadáns deste país, primeiro para facer os recheos e levantar tinglados portuarios que o mar se vai levar cando as previsións científicas se cumpran e, segundo, para lle dar rendemento ao que quede. Pero mentras tanto son, como dicía, as autoridades portuarias, as que fan e desfán cun diñeiro público que sempre vai ser pagado polo cidadán que, en contadas ocasións, pode beneficiarse das devanditas instalacións, planifican e ordenan. Porque, directa ou indirectamente, todos pagamos a construción de peiraos, pantaláns,etc.,  para que os barcos paguen, á súa vez, polo atraque ou a descarga neles. 

Que vai pasar cando o mar recupere, polo desxeo anunciado, o espazo perdido pola acción dos humanos?. Terán que pagar estes novamente por non facer uso do que xa pagaran anteriormente por non lle poñer portas ao mar?. 

Como cantaba o finado Antonio Molina e pensando nos netos que están chamados a nos dar bisnetos e tataranetos (que moitos non coñeceremos, ben seguro) “o futuro é moi escuro”. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.