Santiago supera os 100.000 habitantes

27 Xuño 2024


Compostela superou a barreira dos 100.000 habitantes censados. O Goberno local salientou que a data do 25 de xuño, a capital galega conta con 100.384 persoas rexistradas no padrón municipal. Con todo, Raxoi advirte que “como é ben sabido, o padrón fluctúa a diario entre as baixas e altas”, o que implica que “pode haber algunhas en trámite de baixa”.

O Executivo, neste sentido, valorou positivamente que a poboación rexistrada no padrón municipal achéguese á poboación real da cidade, en referencia ao significativo número de residentes na capital que non figuran nas estatísticas oficiais. Destaca de feito un informe do Consello Económico e Social destaca que Santiago conta cunha das poboacións flotantes máis elevadas de España, con 26.000 persoas.

O propio Concello sinala que “reducir a diferenza entre poboación real e poboación empadroada contribuirá a manter unha rede pública de servizos de calidade”.

No primeiro semestre de 2023, a propia Compostela rexistrou 99.835 censados e parecía que acabaría o ano por encima de 100.000, pero segundo os datos do Goberno municipal, ao 31 de decembro a cifra baixou a 99.633 rexistrados. O censo, con todo, si aumentou con respecto ao último día de 2022, cando estaban rexistradas 98.716 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.