A Deputación inviste máis de 2 millóns na mellora das actividades turísticas da provincia no 2024

25 Xuño 2024

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña vén de publicar a concesión definitiva do programa de subvencións dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas da provincia da Coruña no 2024. O departamento provincial de Turismo inviste este exercicio  2.006.200€, cunha achega máxima de 150.000€ por beneficiario.

Un total de 18 entidades de diferente índole recibiron estas axudas da Deputación, entre as que se atopan a Asociación de Concellos do Camiño Inglés, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol,  a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal ou a Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos.

Tamén están, pola nosa comarca, a Mancomunidade Arousa Norte (que recibe 115.000 euros para o proxecto de consolidación de produto, promoción e comercialización do destino) e a Asociación Rural de Desenvolvemento da ría de Muros e Noia (72.000,00€ para o proxecto de dinamización turística de 2024).

O vicepresidente, Xosé Regueira, destaca a importancia da “cooperación entre todos os axentes do sector” para a promoción turística da provincia “dende un punto de vista sostible pero tamén cohesionado”. Regueira referiuse á “diversidade na nosa oferta turística”, cunha provincia que “alberga 8 xeodestinos moi diferentes, pero con liñas estratéxicas conxuntas que son o resultado dese traballo colaborativo”.

A resolución da concesión definitiva e o listado das entidades beneficiarias das subvencións poden consultarse no BOP deste martes 25 de xuño.

A punta de Neixón e o Castro de Neixón, en Boiro, un dos grandes reclamos turísticos de Arousa Norte

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.