Concentración hoxe 10 de febreiro en Ribeira e Noia en resposta o último asasinato machista en Lugo

10 Febreiro 2020

Outra vez temos que concentrarnos para condenar o asasinato machista dunha veciña de Lugo, no que vai de ano xa van 10 as mulleres asasinadas. Amosemos a nosa solidariedade este  luns 10 as 20h na Praza do Concello de Ribeira e as 20.30 en Noia tamén diante do Concello.

Con este crime xa son 64 as mulleres asasinadas en Galicia desde o ano 2003 (ano de comezo dos rexistros oficiais), dos que dous se rexistraron este ano. O Ministerio da Interior conta cun Sistema de Seguimento Integral de Casos de Violencia de Xénero ( Viogen), que mantén activos en Galicia preto de 3.600 casos. O teléfono 016 recibiu en Galicia 2.561 chamadas no ano 2019. Ademais, só entre xaneiro e setembro rexistráronse máis de 5.000 denuncias policiais por violencia machista, incoáronse 1.500 ordes de protección e activáronse 57 dispositivos de control telemático de agresores. Respecto ao apoio á vítima, sinalar que en Galicia hai 625 usuarias do servizo ATEMPRO (servizo telefónico de Atención e Protección a Vítimas de violencia de xénero), e que en 2019 foron 188 as vítimas perceptoras de axudas concedidas de acordo á Lei orgánica 1/2004 de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.