Boiro presenta este venres a edición 2024 da revista “Folía”, que rende homenaxe ás empresas e traballadoras/es do sector téxtil local

25 Xuño 2024

O sábado 29 de xuño vaise presentar no Centro Social de Boiro a revista Folía, que é a publicación que acompaña as Festas do Verán 2024. Será ás 12.00 horas no CS de Boiro. Segundo adianta o Concello, impulsor da publicación, a revista estará este ano adicada a un dos grandes puntais económicos do municipio: o sector téxtil.

A revista, como de costume, poderase conseguir na Oficina de Turismo do Concello de Boiro e nos Centros Sociais de Boiro, Cabo de Cruz e Escarabote.

Por certo que tamén o pregón das Festas de Boiro será unha homenaxe ás importantes contribucións das empresas téxtiles locais ao desenvolvemento do concello: será o venres 5 de xullo e a través deste acto conmemoraranse “as moitas xeración de mulleres que se dedicaron en Boiro a este tecido produtivo nas catro fábricas que tivemos, as factorías Madó, Maperlán, Permist e Jealfer, e que fixeron de Boiro un lugar destacado gracias a este feito socioeconómico”, adiantou o alcalde, José Ramón Romero, na presentación do programa das Festas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.