Os socialistas de Ribeira piden o pavimentado do camiño que une Casanande con O Viso, en Olveira

10 Febreiro 2020

O grupo socialista de Ribeira que coordina José Vilas vén de presentar, para o seu debate en pleno, unha proposta sobre a pavimentación do camiño público que (referencia 9007) que une o lugar de Casanande e o Cruceiro do Viso, en Olveira. Ribeira. O escrito do PSdG local responde, en palabras do grupo, ás peticións feitas pola veciñanza de Olveira acerca da posibilidade de establecer variantes de circulación na parroquia, ao que se unen outras necesidades específicas de infraestruturas viarias. Ante isto, sinala o grupo ribeirense, “chegamos á conclusión de que sería posíbel mellorar o camiño veciñal 9007, a pista da Xunqueira, existente entre o lugar de Casanande e O Cruceiro do Viso”.

O PSdG lembra que o dito viario, malia as posibilidades que ofrece para ser usado como unha boa solución de comunicación para a veciñanza, atópase con firme de terra, con charcos e fochancas, e sen acondicionar na meirande parte do mesmo. Polo que respecto á súa anchura, é variábel e oscilaría entre os 3 e os seis metros.

En virtude de todo, o grupo instará ao pleno municipal a que se realice un proxecto de apertura, compactado e pavimentación deste vieiro público 9007 con cunetas e capa de rodadura, nunha lonxitude duns 650 metros lineais, co obxectivo de “mellorar a conexión e accesibilidade viaria dentro da parroquia de Olveira, e por ende no Concello de Ribeira”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.