Incendio de dez colectores do lixo en diversos puntos do concello de Ribeira

25 Xuño 2024

En total, resultaron calcinados dez colectores de lixo en distintos puntos de Ribeira: 4 preto do Colexio Sagrado Corazón, 2 na Ameixida, 2 na mesma estrada da Ameixida, pero preto do peirao e pegado ao posto de socorrismo, 1 no chiringo da Ameixida, e 1 na Praia Area de Secada.

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados preto das 02.00 horas desta madrugada de incendios en numerosos colectores do lixo no concello de Ribeira.

A chamada inicial alertaba dun lume que estaba a afectar a catro dispositivos na rúa Fontenova, nas proximidades do colexio Sagrado Corazón. O segundo aviso alertou do incendio que calcinou tres colectores na praia da Ameixida, a uns 200 metros da primeira incidencia, dous próximos á caseta de socorrismo e outro onde o bar da praia. Ademais, a Policía Nacional alertou dun novo incendio na praia de Area Secada, o cal xa fora extinguido por dito corpo de seguridade

As intervencións consistiron na extinción dos dispositivos e na posterior comprobación das condicións de seguridade para evitar que se reactivasen os lumes.

No operativo participaron tamén a Policía Local e Nacional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.