“Couto Mixto, unha república rescatada” – Xosé González Martínez

24 Xuño 2024

Efectivamente, tal como afirmamos no enunciado desta colaboración, aquela institución xurídica e territorial, que elixía os seus cargos representativos por sufraxio universal en tempos de monarquías absolutas, semellaba ser unha lenda. Coa decida intervención duns amigos evitamos que o que podería derivar nun conto da tradición oral é hoxe unha páxina histórica na súa acepción canónica.

O rescate e actualización da historia daquel territorio arraiano ten a súa intrahistoria que con brevidade relato. Un bo día, e disto xa van aló 27 anos, Luís M.García Mañá ofreceume facer unha viaxe á fronteira da Baixa Limia. Quería que coñecese un territorio do que apenas había referencias escritas na historia de Galicia. “Este é o Couto Mixto, unha Andorra galega”, díxome, nada máis botarmos os pés fóra do coche. Percorrimos algúns camiños no que albisquei o rastro escuro daquela historia. Cando rematamos a andaina levoume a xantar a Allariz. Como observaba que eu apenas falara, quixo saber o meu parecer: que podemos facer por este patrimonio?

Lembro que nunha servilleta de papel describín un plan para afrontar unha tarefa difícil pero engaiolante. Sempre me gustaron (aínda hoxe) os retos difíciles. En primeiro lugar, dixen, temos que publicar a historia do Couto Mixto, tarefa ímproba que asumiu García Mañá, e crear unha asociación de amigos do CM. Semanas despois, nun autobús de estrea, acabado de carrozr, que levaba o nome de Luís Seoane, cedido polo gran amigo que foi Ramón Castromil, propietario da empresa homónima de transporte público, metimos a bordo a trinta persoas de profesións diversas (sempre tiven a vocación de redeiro para facer boas mareas). Chegados á casa abandomada que fora de Delfín Modesto Brandón,o derradeiro Xuíz daquel Estado abolido en 1864, baixamos para fotografarnos no patín e escaleiras.

Pouco tempos despois, na reitoral de Randín constituímos a Asociación de Amigos do Couto Mixto. En colaboración coas Universidades de Vigo e Alto Minho celebramos un curso de verán que se desenvolveu en Chaves e Celanova; queda constancia del nunha placa colocada na fachada da igrexa de Santiago de Rubiás. Decidimos institucionalizar unha data para celebrarmos anualmente o rescate da memoria do Couto Mixto, poñendo en valor os Homes de Acordo, que asesoraban ao Xuíz, e, desde entón concedémoslles as honras de Xuíces e Xuízas Honorarias a tres persoas recoñecéndolles o traballo que fan polas relacións transfronteirizas. A falta de fotografía de Delfín Modesto Brandón, idealizamos a súa imaxe perpetuándoa nunha estatua en bronce realizada polo escultor José Molares, que preside o adro onde se celebraban as xuntanzas de goberno. Fixemos xestión coa Consellería de Cultura para rescatar os gravados do século XVII, que estaban baixo unha capa de cal na sancristía. Nese traballo de posta en valor daquel territorio recuperamos tamén o histórico Camiño Privilexiado que une Santiago de Rubiás e a freguesía de Tourém.

Dar a coñecer a memoria do Couto Mixto foi unha tarefa incesante. Solicitamos o seu recoñecemento dos parlamentos de Galicia, Catalunya, de Europa e Portugal. As Cortes Españolas, Congreso e Senado, tamén foron receptoras destas iniciativas de noso.

Capítulo aparte foi a presentación de relatorios en congresos internacionais e a través de colaboracións periodísticas publicadas por amigos e amigas nos medios de comunicación de aquén alén da fronteira. Pero, sobre todo, con documentais realizados por cadeas de moitas televisións que atoparon no Couto Mixto unha fonte de inspiración para divulgar tal engaiolante realidade rescatada da brétema dos tempos. Non descoidamos ningún aspecto constitutivo daquela singular república. O médico e poeta Armando González escribíu un texto para un fermoso Himno que foi gravado e divulgado pola voz galaicoportuguesa da cantautora María do Ceo.

O próximo día sábado, día 6 de xullo, ás 12:00 horas, celebraremos o acto de investidura de dous novos Xuíces Honorarios e unha Xuiza. Os homes son Felipe Lubián Lubián, alcalde do municipio irredento de Lubián, que aínda pertencendo inxustamente a Zamora, é galego por xeografía e cultura. A lingua galega está presente na vida cotiá da veciñanza e nas actividades municipais; e un artesán daquelas terras, don Celso Ferreira Fernández. A nova Xuiza Honoraria nomeada será dona Helena Pousa, veciña de Goián, cun abondoso currículo de estudos sobre a memoria histórica e cultural da raia miñota.

Amigos e amigas lectoras, a presenza de vostedes no acto anunciado servirá para recuperarmos a memoria do patrimonio común da vella Gallaecia.

Xosé González Martínez é vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.