Máis de 200 deportistas fixeron historia na novena edición de Os 100 do Barbanza

24 Xuño 2024

Este sábado 22 pola tarde oficiouse a saída das e dos participantes na IX edición da andaina e ultratrail Os 100 do Barbanza, do Club Deportivo Internacional Trekkers do Barbanza, proba que este ano tivo como punto de partida e de chegada o municipio rianxeiro (con Catoira como concello convidado). Na saída estiveron representes os alcaldes e/ou os concelleiros de deportes de todos os concellos implicados na proba (todos os municipios de Barbanza). A proba arrancou do Polideportivo Municipal José Manuel Abuín Chema de Rianxo e logo as e os deportistas fixeron un treito da ruta xacobea polo río Ulla en barco ata Catoira, onde desembarcaron nas históricas Torres de Oeste en Catoira e onde foron recibidas/os “coa autenticidade e a forza dos viquingos”.

O percorrido que lles agardaba era de cen quilómetros cun desnivel positivo aproximado de 3.000 metros. Pasaron por Catoira, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra e Boiro. Completaron o percorrido douscentos deportistas (201), que coincidiron todos eles en louvar a beleza paisaxística e natural do Barbanza, malia a intensidade e dureza da proba.

Unha vez máis foi de destacar a variedade de condicións, procedencias e idades das persoas que completaron o itinerario, sendo salientábel a presenza dun ultratrailer de 78 anos, José do Pazo, acompañado da súa muller Amalia Otero, de 71, que chegaron a meta con marxe de abondo antes do peche do prazo.

Por certo que o gañador masculino da proba foi Eduardo Fabeiro, que completou a ultra-andaina en 10 horas e 28 minutos, e a gañadora feminina resultou ser novamente (por segundo ano consecutivo) Lucía López, que precisou de 15 horas e 9 minutos para rematar o trazado.

A proba foi organizada organizada polo Club Deportivo Internacional Trekkers do Barbanza en colaboración cos Concellos de Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Boiro, xunto coa Mancomunidade Barbanza Arousa e o Concello de Catoira, que foi o municipio convidado desta convocatoria (con especial protagonismo das Torres do Oeste).

Os 100 do Barbanza é unha proba de trail de 100 quilómetros que se realiza en 24 horas e que forma parte da Liga de Sendeirismo de Galicia e da Liga Ibérica.

Un dos principais obxectivos da organización é “poñer en valor a enorme riqueza paisaxística, cultural e histórica do Barbanza, a través de camiños ancestrais, sendas fluviais, corredoiras, etc”.

Trátase dunha proba non competitiva, con percorrido circular e un desnivel positivo aproximado de 3.000 metros.

O evento conta con só 300 prazas.

O International Trekkers Barbanza Sar (ITBS) é un club de montañismo integrado por seareiros das comarcas de Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e de Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). A entidade foi fundada en 2013 co obxectivo de “organizar e xestionar a primeira carreira de ultrafondo de Galicia (100 quilómetros en 24 horas)”.

O ITBS está conformado por corredores con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo frecuente a súa participación en marchas de 50 quilómetros en Galicia e o norte de Portugal. Ademais, son asiduos á Copa Galega de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.