“Sempre con vós, mais sen vós”. Antón Luaces

22 Xuño 2024

Un parque de fondo sentimento mariñeiro situado a escasos metros do peirao de San Xoán de Terranova, acolle desde esta fin de semana unha placa e un  monumento que lembran a terrible traxedia acontecida a 460 quilómetros na mencida do 15 de febreiro de 2022 co afundimento do arrastreiro marinense Villa de Pitanxo e a morte de 21 dos seus 24 tripulantes. 

Xunto con autoridades  canadianas, Isabel Artime -secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación- e Antonio Basanta -director xeral de Pesca, Agricultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta- acompañaron á decena de familiares das vítimas rexistradas a 640 quilómetros de San Xoán aquela mencida inesquecible na que o Villa de Pitanxo afundìa no Atlántico.

A homenaxe consistiu na inauguración dunha placa e un monumento en San Xoán, o porto situado máis preto do lugar no que afundira vai algo máis de dous anos o Villa de Pitanxo. Ao mesmo tempo, outras homenaxes florais tiveron lugar en distintos puntos de España polas 21 vítimas, guindando ao mar e na memoria dos 21 mariñeiros finados outras tantas flores portadas por familiares destes. 

Antes destas datas, outras placas foron inauguradas en poboacións coma Marín, Cangas, Pontevedra, Vigo, Las Palmas ou Huelva, onde o venres apareceron con flores as placas que lembran a traxedia vivida en Terranova. 

A placa colocada en San Xoán integrada no monumento, le inscritos os nomes dos 21 mariñeros mortos. A estatua, no parque Harbourside -a escasos metros do porto de San Xoán- é sumamente coñecido polos mariñeiros galegos. Foi esculpidapolo madrileño Arturo Berned, que ten obras .  

Homenaxe familiares vítimas Villa Pitanxo

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.