O Festival das Carrilanas contará con Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Mondra ou Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, entre outras bandas

21 Xuño 2024

O Festival das Carrilanas, a cita musical de acceso gratuíto que acompañará a 35ª edición do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro (Muros), contará con Tanxugueiras, Sidecars, a banda local The Rapants, Mondra, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Capital Voskov, os noieses Monoulious DOP, Lontreira e Galician Army, entre outras bandas.

O evento, promovido pola ADC Esteirana de Carrilanas, ofrecerá na fin de semana do 19 ao 21 de xullo unha programación aberta a todos os públicos e con entrada de balde (con acceso prioritario para socias/os da entidadeO durante os tres días de celebración do grande espectáculo das carrilanas galegas, declarada Festa de Interese Nacional no 2021, e que na pasada edición reuniu máis de 35.000 asistentes.

Os esteiráns The Rapants tocarán na súa terra

Tres escenarios

O Festival das Carrilanas contará neste 2024 con tres escenarios diferentes, nos que se celebrarán tanto os concertos nocturnos como ao mediodía. Estas últimas actuacións terán lugar na alameda de Esteiro, zona na que se situará, como é habitual, e ademais deste palco, o espazo de actividades infantís (contacontos, xogos populares de madeira ou obradoiros, entre outras iniciativas) e o mercado tradicional de artesanía, que este verán celebrará a súa quinta edición. A intención da organización, un ano máis, “é convidar a todos os públicos a gozar da baixada de Carrilanas de Esteiro, unha festa única que xunta tradición, diversión e velocidade nun mesmo evento”.

The Sidecars formarán parte do cartel do festival

Apoios

O Festival das Carrilanas Esteiro conta co apoio de institucións públicas como o Concello de Muros, a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña; ademais do patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo, e de Vegalsa Eroski. Nos vindeiros días daranse a coñecer novos nomes que conformarán o cartel das carrilanas así como a programación de actividades que se desenvolverán durante toda a fin de semana.

Tanxugueiras nunha foto de Polaride

XXXV Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

O Gran Prix de Carrilanas é un evento de referencia no verán de Galicia. Cada ano milleiros de persoas danse cita en Esteiro para gozar dunha celebración especial que xira arredor da posta en valor das carrilanas, vehículos artesanais, feitos de madeira, que descenden sen axuda de motor por un circuíto situado en Esteiro. A singularidade desta festividade, que mantén viva unha proposta que ten a súa orixe nos xogos populares de tradición galega, fai que Carrilanas de Esteiro sexa unha cita ineludible para as amantes da artesanía, da velocidade e da tradición.

A competición do Gran Prix, que este ano celebra o seu 35º aniversario, conta con tres categorías: Infantil (que poden pilotar as nenas e nenos menores de 18 anos ou acompañados de maiores), Carrilanas lentas (nas que prima a diversión, os disfraces e o espectáculo) e Carrilanas rápidas, a máis espectacular de todas.

En paralelo ao Gran Prix, celébrase un festival de música gratuíto -cuxa entrada é de balde, con acceso prioritario para socias/os de Carrilanas ata completar a capacidade do recinto-, no que as bandas e solistas de Galicia que fan música en galego ocupan un espazo primordial. Este ano contará coa participación, entre outras formacións, de Tanxugueiras, Sidecars, The Rapants, Mondra, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Capital Voskov, Monoulious DOP, Lontreira e Galician Army.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.