Encontro na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago sobre a soledad, un reto social

20 Xuño 2024


Participaron axentes a nivel diocesano que reflexionaron sobre a incidencia desta situación entre os maiores O encontro celebrouse na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago.

O arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández, foi o encargado de inaugurar as xornadas técnicas organizadas por Cáritas Diocesana de Santiago nas que se analizou, desde distintas ópticas, o modo de afrontar a soidade baseándose nunha actitude como reto social e lembrando que “ Non estás só”. Nel encontro, celebrado na Casa de Exercicios de Santiago, participaron axentes- técnicos e voluntarios- da entidade a nivel diocesano coa finalidade de reflexionar sobre a vivencia da soidade, especialmente nas persoas maiores. Así, poñendo o foco neste sentimento de soidade non desexada, tratáronse de achegar claves para comprender como se produce, de onde xorde e como a viven as persoas que a
padecen.

O muro da soidade O prelado durante a súa intervención sinalou que a palabra soidade é fermosa para a poesía pero que
“cando aparece e vívese é un drama”.Considera que moitas persoas refúxianse no muro da soidade e animou aos presentes para “ ter lucidez e dar solucións, traballo no que sempre está presente Cáritas”.Aos agetes da entidade lles pididño que vívan a misión para detectar e acompañar aos que padecen soidade.
Reflexións
A sensación de soidade é algo que experimentan os humanos, sendo estas situacións unha triste realidade.Deles falaron catro especialistas en diferentes materias pero co nexo da soidade non desexada que se acrecenta nos maiores. Os relatores foron os encargados de presentar aspectos que viraron sobre a soidade non escollida coa aparición de signos saudables, o paradigma
da revinculación, a atención sociocomunitaria e o mundo de “nadies”.
O profesor Fernando #Vidal, da Universidade Pontificia de Comillas, foi o encargado de abrir o encontro expoñendo un tema de máxima actualidade facendo referencia ao “mundo de nadies”, centrándose na soidade e o abandono no presente . Fixo fincapé en que os “nadies” pódense ver en todas partes.
Para o responsable de Formación de Cáritas Española, Guillermo Fernández Maillo, na acción que leva cabo a institución o paradigma da re- vinculación representan as claves de actuación.
Quedou constancia de que é necesario avanzar cara a unha comunidade e unha sociedade que sitúe no centro o coidado ás persoas e que sexa máis humana e xusta.
A relatora Sandra Izaguirre, terapeuta familiar en Ferrol, centrouse na soidade non escollida na adolescencia e o seu impacto na saúde mental e emocional. Insistiu en que se trata dunha experiencia persoal na que un individuo ten a necesidade de comunicarse con outros e percibe carencias nas súas relacións sociais.
Finalmente Marta Vega, responsable da área de maiores, Fundación Municipal SS. Sociais de Xixón, profundou na atención sociocomunitaria das persoas maiores. Un traballo de axuda que ten como finalidade o acompañamento a maiores
en situación de vulnerabilidade tanto económica como relacional buscando para iso que teñan garantido os seus dereitos.
Sentimento de soidade
No encuentrio púxose de relievena que a soidade, a falta de autonomía social, algo que se vincula aos disintos colecticvos pero especialmente cos maiores. Falouse de como se entende e como facerlle fronte.Todo iso para previr e aliviar o
sentimento de soidade que cada vez padecen máis persoas.
As achegas trataron de reflectir claves para comprender en toda a súa extensión e magnitude como se produce, de onde xorde, e como viven os que a padecen.Incidiuse que se debe traballar desde o modelo de acción social de Cáritas para poder estar
e actuar coas persoas que a sofren para darlles leitos de esperanza.Trátase dunha actuación baseada no acompañamento, ofrecendo apoio en situacións de emerxencia para que as persoas poidan ser autónomas.
As propostas presentadas buscan dotar dos medios necesarios aos programas de acompañamento a persoas maiores , polo que se fixo fincapé na necesidade de coidar e acompañar , á vez que dotalos de recursos necesarios para poder desenvolver a misión
encomendada.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.