Antonio Pérez rende homenaxe ás mulleres traballadoras do mar na súa nova exposición (en Rianxo a partir do 21 de xuño)

19 Xuño 2024

Este 21 de xuño vaise inaugurar en Rianxo, no Auditorio Municipal, a exposición As Mulleres e o Mar, pinturas e gravados de Antonio Pérez. Será ás 21.00 horas. A mostra poderá visitarse até o 28 de xullo na sala de exposicións do Auditorio. A presentación correrá a cargo de Xoán Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado de Artes e membro da Asociación Cultural Barbantia, entidades organizadoras da mostra xunto co Concello.

Antonio Pérez (Ribeira, 1951) é un dos artistas máis destacados da nosa comarca e un dos máis sobranceiros representantes galegos da arte mariñeira. Recentemente, en 2022, inaugurou en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, a mostra Ribeira: mulleres, homes e peixes, formada por cincuenta cadros que plasman diferentes escenas dos labores tradicionais vencellados ao mar. Pérez explicou recentemente que os seus cadros levan unha longa preparación tras de si: “Toda unha vida, pois todo canto fago vai dar ao mesmo sitio: aos recordos e experiencias que tiven nos cinco anos que pasei traballando no mar”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...