O Laboratorio Ecosocial e Montescola organizan este sábado unha nova xornada de eliminación de invasoras (no monte do Fietoso en Taragoña)

19 Xuño 2024

O sábado 22 de xuño, a partir das 10:00 horas, desenvolverase unha actividade de voluntariado para a eliminación de acacias no monte do Fieitoso (Taragoña).

Forma parte do ciclo de xornadas de traballo participativas e abertas do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e a Fundación Montescola, dirixidas a despexar os nosos montes de especies invasoras e realizar podas de formación frondosas autóctonas. A xeira de traballo está aberta a todos públicos e ao remata ofrecerase un xantar para todas as persoas participantes. As inscricións poden facerse a través do correo info@montescola.org. O punto de encontro será Campo Maneiro, en Taragoña, ás 10.00 horas.

Como dixemos, esta actividade forma parte dunha serie de xornadas de voluntariado que se celebran esta tempada nos montes do Barbanza impulsadas polo Laboratorio e a Fundación Montescola, entidade esta última a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio, que teñen como obxectivo implicar a cidadanía na recuperación da biodiversidade e fortalecer as redes colaborativas da comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.