
Na mañá de deste luns 17 de xuño celebráronse na sede da patronal boirense (a ABE) os sorteos dos premios da campaña O Pequeno Fainos Grandes na que os protagonistas da campaña foron 9 traballos gañadores do I Concurso de Carteis Escolares Somos Boiro, no que participaron os centros de ensino da localidade.
Persoas premiadas
Os clientes dos negocios asociados puideron elixir o seu cartel favorito accedendo á web da ABE (www.abe.gal) e votando no formulario habilitado entre o 9 de maio e o 16 de xuño.
En total recibíronse 355 votos.
Entre todos os participantes sorteáronse 3 Packs Verán compostos por Esterilla XL, Neceser, Pas de praia, Frisbie, Crema Solar, Balón, Botella e Bolsa que serán os mesmos premios que tamén se levarán os 3 carteis mais votados.
Finalmente as persoas gañadoras foron María Celia Cao Rodríguez, Vicente e Andrés.

En paralelo a ABE puxo en marcha un sorteo especial vinculado a campaña entre todos os tíckets de compra rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño na web da asociación entre os que sorteáronse outros 3 Packs Verán.
Os tíckets rexistrados foron 3.369 e as persoas gañadoras e os negocios onde mercaron son:
Vanesa Deán Romero – Farmacia Cimadevila
Jose Luís Silva Triñanes – Claudio, A tenda de Pepa
Mónica Blanco – Frutas Reyjosa



