Máis de cen colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago veñen de xuntar forzas para mostrar o seu “máis rotundo rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da abertura da mina de Touro, censurando ademais que a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial estratéxico”. A alianza de entidades, entre as que se inclúe Ecoloxistas en Acción, sinala que “o novo proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental, presentados o 23 de xaneiro deste ano, semanas antes das eleccións, é unha copia barata do anulado en 2020 cunha declaración de impacto ambiental negativa polos seus previsíbeis impactos sobre o sistema fluvial do río Ulla e, tamén, para a ría de Arousa, onde desemboca”.

Nun comunicado explican que “lonxe de emendar o proxecto anterior, Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael volven a pór enriba da mesa unha enorme balsa de 23 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos con 1,6 km de lonxitude e unha altura similar á da Catedral de Santiago; o depósito de residuos está a menos de 500 metros do núcleo de poboación Arinteiro cuxa poboación sería aniquilada en caso dun accidente”. De feito, Ecoloxistas en Acción sinala que “a instalación proposta sería ilegal en países como Brasil, Ecuador ou China; así, o único que cambiou nos últimos 4 anos foi a cantidade de diñeiro investido pola mineira en propaganda e campañas de desinformación sobre a realidade do proxecto, que ocuparía máis de 800 hectáreas”.
Por iso, anuncian unha mobilización masiva e sen precedentes para impedir, nas súas palabras, “o fraude que supón declarar como proxecto industrial estratéxico unha proposta que xa foi declarada ambientalmente inviábel”.
Os colectivos lembran que o proxecto que volve a presentarse xa foi denegado por non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade do Sistema fluvial Ulla-Deza, espazo da Rede Natura 2000 e base do modo de vida de decenas de millares de persoas do Baixo Ulla e Ría de Arousa. A estes impáctos, din, “súmase o efectos devastador que o efecto tería para a economía das comarcas, particularmente sobre o sector agrogandeiro e agroalimentario así como para o Camiño de Santiago, que xeran emprego sustentábel e respectuoso co medio ambiente e a cultura local”.
Apuntan a que nos últimos catro anos Cobre San Rafael, a filial de Atalaya, demostrou “a súa absoluta ineptitude á hora de evitar a contaminación por metais pesados que continúa xerando a súa concesión mineira, o que evidencia a súa incapacidade técnica para un proxecto de tales dimensións”. A maiores, lembran que “a empresa titular da concesión vén sendo repetidamente sancionada por Augas de Galicia polos danos ecolóxicos aos ríos Lañas e Brandelos, a pesar dos supostos sistemas de tratamento”.
Colectivos asinantes
- A de Rousmeri-Terra de Montes
- A Ría non se vende
- Afectad@s de Paderne
- Agrupación de a pé da Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
- Alarma Terra de Montes
- Aire limpo na Mariña Mandeo
- Amigas da Terra
- Amil SEN eólicos
- Anovaterra
- APA Os Biosbardos
- Asociación A-Legre
- Asociacion Afectados PE Gasalla
- Asociación Alados Medioambiente
- Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
- Asociación Amigas das Árbores de Ourense
- Asociación Amigas das Cegoñas
- Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
- Asociación Amit
- Asociación ANABAM- Asociación Naturalista “Baixo Miño”
- Asociación Asemblea do Suído
- Asociación cultural A Galleira
- Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
- Asociación Cultural Colectivo A Rula
- Asociación Cultural e Medioambiental A Pedra que Fala
- Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas
- Asociación Cultural Fuco Buxán
- Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
- Asociación de Veciños e Veciñas Encrobas Viva
- Asociación Eco-Social, Medioambiental e Cultural “Boca de Sapo de Corcubión”
- Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga
- Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)
- Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA)
- Asociación Mar de Fábula
- Asociación Medioambiental Grupo Lobo Galicia
- Asociación Meta-Comunica
- Asociación Monte do Gato Seselle
- Asociación Noia Limpa
- Asociación Nove Refachos
- Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra
- Asociación Salvemos Monteferro
- Asociacion Salvemos o Noso de A Laracha
- Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo
- Asociación Umia Vivo
- Asociación Veciñal A Curva de San Gregorio
- Asociación Veciñal A Lama Vive
- Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño
- Asociación Veciñal de Lentille
- Asociación Veciñal do Saviñao
- Asociación Veciñal Encrobas Viva
- Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel
- Boa Vida Inclusión Activa
- Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
- Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas
- Centro de Saberes para a Sustentabilidade
- Centro Social A Pedreira
- CMVMC de Santiago de Covelo
- Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
- Colectivo Capitán Gosende (Terra de Montes)
- Colectivo Burla Verde 24
- Colectivo do Vento-Campo Lameiro
- Colectivo Ecoloxista Luita Verde
- Colectivo na defensa do patrimonio A Forneiriña
- Colectivo Terra de Montes en Perigo
- Comisión de Asociacións contra as Minas da Terra Chá
- Comitè se Defensa das Rías Altas
- Comuneiros do Chá
- Comunidade de Montes Outeiro de Minas e Valgrande
- Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT GALIZA)
- Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega
- Contramínate Asociación Ambiental
- Cornado Mina NON
- Defende A Galega
- Ecoloxistas en Acción
- Ecoloxistas en Acción Barbanza
- Ecoloxistas en Acción Coruña
- Ecoloxistas en Acción Rías Baixas
- Ecoloxistas en Acción O Ribeiro
- Ecoloxistas en Acción Ourense
- Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
- Federación Ecoloxista Galega
- Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS)
- Fundación Galicia Verde
- Fundación Montescola
- Greenpeace
- Grupo A Quenlla
- Grupo Naturalista Hábitat
- Interior Galego Vivo
- Irmandade Illa de Tambo
- Juventud x Clima – Fridays For Future España
- Morcegos de Galicia
- Maquinarias Teatro
- MOVENEDA – Movemento Veciñal Neda
- Plademar Muros- Noia
- Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
- Plataforma Aire Limpo na Mariña Mandeo
- Plataforma Augas Limpas Aldán/O Hío
- Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx
- Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
- Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
- Plataforma Cultura Ferrolterra
- Plataforma para a Defensa do Sur da Dorsal Galega
- Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén.Encoro Non.
- Plataforma pola recuperación do Sar
- Plataforma Oro NO
- Plataforma SOS Suído Seixo
- Plataforma Veciñal Caíño-Brancellao
- Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non
- Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
- Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
- Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
- Salvemos a Comarca de Ordes
- Salvemos Catasós Asociación
- Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
- Sociedade Galega de Historia Natural
- Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
- SOS Encrobas
- Veciñ@s polo rural
- Vento Mareiro de Ferrol
- Verdegaia
- Vida e Ría, ou minaría?
- Xarda Sociedade Cooperativa Galega
- Plataforma Quijote Outes



