O 15 de Xuño conmemórase o Día Contra o Abuso e Maltrato na Vellez, polo que dende o Centro de Día para persoas maiores municipal de Porto do Son, xestionado por COGAMI dende xaneiro do ano 2014, organizáronse encontros interxeracionais cos colexios da contorna.
Un grupo formado por 6 persoas, entre usuarios e unha profesional, visitaron o CEIP Plurilingüe de Xuño e o CEIP Campanario para levar a cabo unha actividade sobre o bo trato aos maiores cos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.
Segundo informaron dende COGAMI, a aproximación entre as persoas maiores e os pequenos permitiu “identificar actitudes negativas que temos no noso día a día coas persoas maiores, así como abordar a importancia de darlles un trato e coidado axeitados”.
E engadiu Cristina Delgado, responsábel do Centro de Dia de Porto do Son: “As persoas maiores que participaron nestas visitas recibiron o cariño e respecto dos pequenos e pequenas dos colexios seleccionados para a actividade. Cambiar a mirada cara o bo trato é o obxectivo destas xornada.




