AVISO DE CHOIVA FORTE. Luns continúa a choiva e as temperaturas sen cambios

16 Xuño 2024

Alerta de choiva forte, risco de ata 50 l/m2 na comarca e 15 l/me na comarca de Santiago. Unha fronte moi activa deixará cuantiosas chuvias, sobre todo no oeste e suroeste de A Coruña.

O luns unha fronte fría, asociada a esa borrasca, afectará a Galicia, especialmente na segunda metade do día. Así comezaremos a xornada cos ceos moi nubrados, con chuvias no litoral atlántico, localmente fortes. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral atlántico pola tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e á noite e 1 a 2 metros á tarde.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.