As Escolas Vellas de Atalaia acolleron un novo obradoiro de uso de móbiles e aplicacións para persoas maiores

16 Xuño 2024

As Escolas Vellas da Atalaia (Asados, Rianxo) acolleron a semana pasada unha nova sesión dos obradoiros de uso de aplicacións móbiles para persoas maiores de 55 anos organizados polo Concello de Rianxo. Dende o Consistorio informaron que a boa acollida deste ciclo de talleres vai motivar que á volta de verán a Concellería de Política Social desenvolva un novo programa de sesións, en colaboración (novamente) coa Asociación Cibervoluntarios.

Nestes obradoiros, gratuítos para a veciñanza, as persoas asistentes aprenden a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vídeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de ocio na Rede.

Estas actividades formativas impartíronse esta tempada en todas as parroquias do concello de Rianxo da man de Asociación Cibervoluntarios e do Concello. O primeiro obradoiro celebrouse os días 24 e 25 de abril, na parroquia de Isorna. A seguinte quenda foi en Leiro, os días 2 e 3 de maio. O 15 e o 16 de maio, en horario de tarde, celebrouse un obradoiro en Taragoña; o 29 e o 30 de maio en Araño; e o 12 e o 13 de xuño en Asados.

Os días 26 e o 27 de xuño celebrarase o último taller desta edición en Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.