“Altri e a Xunta non acadan o carácter verde que lle outorgan á celulosa de Palas”. Antón Luaces

14 Xuño 2024

A oposición á instalación no concello de Palas de Rei (Lugo) dunha macrocelulosa, supera o meramente local e amplía o seu ámbito abranguendo un movemento social que vai máis aló do que a fábrica de pasta de papel e a propia Xunta de Galicia deixan traslucir. Os movementos veciñal e ecoloxista que prantan cara á construción da factoría de capital luso, evidenciaron o apoio popular que os sustenta na concentración de protesta levada a cabo o pasado domingo por veciñanza e ecoloxjstas, que deixaron en Palas a evidencia da non  inocuidade do proxecto que, segundo afirman, “devorará” 1,2 millón de toneladas de eucalipto reprantado básicamente nos montes galegos.

O prexuizo de Altri vai máis aló, segundo informan voceiros das comarcas afectadas: A Ulloa e a da Arousa, terra e mar, onde nace e onde desauga o río Ulla, un dos máis importantes de Galicia e cuxo curso ven ser, durante 132 quilómetros, divisorio entre as provincias da Coruña e Pontevedra para verter na ría un caudal medio de case que 80 metros cúbicos por segundo. Son afluentes seus outros ríos menores e históricos: Deza e Sar. Antes de desaugar no Atlántico pola vila pontevedresa de Valga, o Ulla rega as terras de catro municipios da provincia de Lugo, seis da provincia de Pontevedra e oito da Coruña. En resumo, 18 concellos dos que Altri zugará, segundo as previsións, 46 millóns de litros de auga diarios, aproximadamente o que consome unha poboación de mais de 300.000 persoas (a cidade de Vigo, máis ou menos).

Para o director de operacións de Altri en España, Pedro Baptista,a pranta de fibras téxtiles que se proxecta en Palas de Rei. Cjmrirá con todos os requisitos medioambientais esixiudos pola lei: irá “màis aló”. Unha canción cuxa letra resulta amplamente coñecida en Galicia e que comezou a escribirse no devalo dos anos 60 do século pasado  cando, a maxestosa factoría de ENCE de Pontevedra, tampouco ía crear problemas medioambientalistas. Sesenta anos máis tarde da súa construción, moi poucos -coa excepción dos traballadores da factorìa defenden a continuidade da celulosa e os seus vertidos á ría de Pontevedra.

Repetir a experiencia non está no ideario da cidadanía galega.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.