Detido en Ribeira un varón por un delito de tráfico de drogas

07 Febreiro 2020

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira, procederon á detención dun home de 45 anos natural de Ribeira, como presunto autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas. No marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade, os policías encargados do mesmo procederon á interceptación e identificación dun home, localizándolle entre as súas pertenzas dúas bolsas de pequeno tamaño e con peche hermético, contendo as mesmas una certa cantidade de cocaína e heroína, respectivamente. Intervénselle ademais ao detido a cantidade de 359,60 euros en efectivo en billetes e moedas de diverso valor, dous terminais telefónicos e efectos para ocultar as substancias mencionadas. Ao detido cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares. Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais foi posto ao dispor da autoridade xudicial.

Material incautado pola Policia en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.