Boiro acolle unha nova edición do DeporCampus entre o 15 e o 19 de xullo nas instalacións municipais de Valiño

14 Xullo 2024

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na celebración do Depor Campus que organiza a Fundación Deportivo e se vai celebrar nas instalacións municipais de Valiño entre o 15 e o 19 de xullo.

Á presentación desta iniciativa de formación e dinamización deportiva, que tivo lugar no Consistorio e asistiron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o directivo da EFM, Julio García; o coordinador da EFM, Carlos Ozores; e Alejandro Vidal e Sergio Maurente do Deportivo.

Segundo explicaron, a actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos e vaise desenvolver en horario de 10.00 a 14.00 horas. “O Campus forma parte do convenio de colaboración que temos co RC Deportivo e que redunda no beneficio dos nosos rapaces e rapazas que pasan unha semana divertíndose a xogando ao fútbol”, afirmaron dende a EFM.

O obxectivo desta actividade é aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos; aprender habilidades e conceptos na relación co corpo e o balón; traballar fundamentos técnico-tácticos… á través de xogos e habilidade co balón, circuítos coordinativos, desafíos técnicos, partidos e competicións. “Boiro é unha das sedes máis antigas nas que se desenvolve este campus, que supón unha oportunidade para seguir medrando no eido deportivo”, recoñeceron dende o RC Deportivo.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, animou aos rapaces e rapazas de Boiro e a comarca a que participen desta actividade que “desenvolve un equipo cunha gran traxectoria como é o Deportivo e que durante unha semana trae a súa experiencia para ensinar aos nosos rapaces e rapazas”. As inscricións están xa abertas e poden facerse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es ata o 9 de xullo ás 14.00 horas. O prezo de inscrición é de 125 euros ou 105 para xogadores da EFM Boiro ou outros supostos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.