Manuel Losada, novo referente galego da literatura de terror, vai estar este mes de xuño en Rianxo, no Auditorio Municipal, presentando a súa obra literaria recente. Será este venres 14 de xuño, a partir das 20.00 horas.O acto contará coa presenza do autor pero tamén de Ana Ares e Julio Alcalde, concelleiro de Cultura de Rianxo.
Losada, natural de Pontevedra e afincado en Boiro, é novelista e xornalista, ademais de afeccionado ao xénero de misterio, terror e fantasía, sendo Stephen King unha das súas principais influencias. É autor de novelas de éxito como A fábrica do esquecemento, O que os meus ollos non vían, O misterio da illa de Cortegada ou Trampa na Rede. A pesar de ser a literatura a súa gran paixón, traballou ao longo da súa vida na administración pública e no sector da seguridade privada, un posto que lle deu o impulso definitivo para empezar a escribir.




