ou por feito que o alcume de “Chanquete” chegóulle ao fisterrán Juan Jesús Calo López, como non podía ser doutro xeito, pola vía marítima. En Fisterra, nas súas calexas empoleiradas para saber que o mar seguìa ao pe, Juan Jesús, o que viña sendo “o neno da emigración galega” grazas a unha histórica fotografía do non menos histórico fotógrafo Manuel Ferrol, abandonou definitivamente este duro mundo do mar e da emigración cara a Buenos Aires dende o porto da Coruña, rumbo ao máis aló, moito máis aló, á idade de 75 anos.
Fisterra perde unha icona, un doroso refente das consecuencias da emigración galega a América a bordo de emblemáticos buques-correo coma o Guadalupe, o Begoña ou o Montserrat, que atracaban no peirao de Méndez Núñez a escasos metros da estación marítima, esta sempre incómoda e nunca axeitada para recibir pasaxeiros procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, León, etc. e á que durante bastantes anos tiven á vista dende o veciño edificio da Terraza ata que o vello edificio pintado en verde e marelo foi derrubado para construir Palexco, un mamotreto que non fará esquecer nunca as moitas bágoas na estación marítima vertidas polos que retornaban ou os que emigraban na percura dunha mellor vida en Cuba, Argentina ou Brasil.
Juan Jesús Calo López, foi fotografado chorando desconsoladamente mentres a poderosa e ruda man de mariñeiro de seu pai lle acariñaba a faciana arrasada en bágoas.
Foi esta unha das moitas fotografías feitas por Manuel Ferrol -o home da boina, como lle eu dicía- merecedoras das maiores loubanzas, malia seren moitas delas perseguidas sañudamente pola sempre activa censura franquista daquela -anos 60- dirixida polo delegado provincial do Ministerio de Información e Turismo, Serrano Castilla, e con Evaristo Martín Freire como gobernador civil da provincia,
Unha fotografía que, sen dúbida, reflicte a dor da emigración en dúas persoas -Juan Jesús e seu pai, chorando- e carón deles un crego que supoño do servizo de migracións. con dependencias este no mesmo edificio a tgrfavés do Apostolado do Mar. Juan Jesñus e “Jurjo”, o seu pai, despedían a unha familiar que marcha a Buenos Aires. Manuel Ferrol residía daquela no Torreiro. Juan Jesús, “Chanquete”, terá a oportunidade de falar no el na inmensidade das lembranzas.



