
O Concello de Muros organiza este mes de xuño o Ciclo da Musica, unha actividade conxunta da concellería de Ensino e Lingua e da concellería de Cultura.
Na presentación do ciclo participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a tenenta de alcaldesa e concelleira de Cultura, Caridad González; a concelleira de Ensino e Lingua, Laura Rivadeneira, e o director da Escola Municipal de Música, César Acuña.
Serán cinco concertos da Escola Municipal de Música no Curro da Praza e o Areal de Esteiro, e un concerto conxunto co conservatorio de Noia na área recreativa do Artón, en Esteiro.
Os veciños e veciñas de Muros serán testemuñas da evolución do alumnado da escola durante o curso, con recitais de violín, piano, guitarra ou música moderna, ademaisdun concerto das aulas de adultos.
Para pechar o ciclo, a plaza do Mercado de Muros acollerá un concerto da cantautora MJ Pérez, coa colaboración da Deputación da Coruña.




