“De monxiñas chocolateiras a bispos que non o son e exercen de ultras”. Antón Luaces

08 Xuño 2024

Nunca nesta “España miña, esta España nosa” á que cantou en tempos Cecilia, imaxinei vivir un “cisma” eclesiástico como o que se está a levar a cabo dende vai pouco máis dun mes polas monxas dos mosteiros de Santa Clara en Belorado (Burgos) e Orduña (Biscaia), comunidades relixiosas que suman un total de 15 “sores” ou “irmáns” que, segundo elas dixeron públicamente, non recoñecen a autoridade eclesiástica do papa Francisco e sí a que impón o “ex?”cura integrista autoproclamado bispo, Pablo de Rojas Sánchez-Franco, excomungado en 2019, quen “elevou aos altares” ao mesmísimo Francisco Franco Bahamonde.

Sería, se non levo mal as contas, o cuarto cisma -este de España absolutamente magnificado, a respecto dos tres anteriores contabilizados na igrexa católica- que se manifestou en todo o seu relativo potencial cando o 13 de maio (significada data no calendario mariano) as relixiosas de Belorado anunciaban a súa renuncia á igrexa católica, o que de se manter significaría a apertura pola institución eclesiástica dun proceso canónico polo que, miñas xoias, poden ser excomungadas e deixar así de facer, no edificio conventual que ocupan, as peperetadas ás que estraen substanciosos beneficios económicos  que arrimar á venda prevista do convento de Santa Clara.

Estas monxas disque non teñen a máis mínima intención de “recuperar” algunha vez o diálogo coa autoridade eclesiástica e acusan a Roma de non lles permitir a venda do convento de Derio -que consideran da súa propiedade- para, con eses cartos, adquirir o de Orduña. 

Son felices (ou aparentan selo) e non queren recoñecer que elas non son as propietarias dos conventos porque estes, en boia lei -e non sempre para ben- forman parte do extenso catálogo de propiedades da “santa igrexa católica, apostólica e romana” que, nunha mínima proporción a semellante riqueza, contribúe ás arcas da Facenda pública.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.