Unha exposición fotográfica revela o proceso de cultivo do mexillón na Pobra

07 Xuño 2024

A fotografía regresa á casa da cultura Raquel Fernández Soler a través dunha mostra que captura a esencia mariñeira. Sainza Pardal retrata en Barlovento tódalas fases do proceso de cultivo do mexillón, amosando o arduo traballo que hai detrás desta actividade, pero tamén mergullando ao público nun mundo de matices e emocións polo enfoque introspectivo das imaxes.
Unha escolma de arredor de sesenta instantáneas, entre as enmarcadas e as que integran o collage, dun proxecto fotodocumental que pretende revelar unha tarefa de gran importancia a nivel económico para A Pobra do Caramiñal, pero tamén cultural. Precisamente, sobre esta última vertente centrou a súa intervención o alcalde, José Carlos Vidal, durante o acto inaugural na tarde deste 7 de xuño, acompañando á artista.
“Asistimos a unha exposición que amosa parte da nosa historia como pobo porque o mexillón é un dos produtos estrela da nosa ría e son moitas as fábricas que teñen incorporada á súa produción as conservas a base deste molusco ou, incluso, cuxas orixes xiran arredor do mesmo.
Polo tanto, forma parte da nosa cultura; unha cultura mariñeira”, apuntou o rexedor.
Engadiu que “somerxémonos así visualmente no seu cultivo, facendo unha viaxe polo esforzo que implica, pero tamén polas emocións.” O grupo de música tradicional Arrancadeira participou na apertura desta exhibición fotográfica que permanecerá ata finais de mes, con horario de visitas de 10.00 a 13.00 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.