O Pazo (Rianxo) celebra esta “finde” as súas Festas do Santo Antón

07 Xuño 2024

Esta fin de semana celébranse en Rianxo as Festas de San Antón do Pazo, que veñen da man da comisión veciñal dos festexos e que contan coa colaboración do Concello. Ofrecen unha manchea de actividades para residentes e visitantes de todas as idades.

A troula comeza este 7 de xuño cos foguetes que marcan o inicio da festa (ás 12h) e coas verbenas da Orquestra JB Son (ás 22.30) e Somoza Trio (ás 0.00). O encargado de rematar a xornada será DJ Pivitas.

Ao día seguinte actuará (cunha alborada) Vai de Roda ás 10.15 horas e ás 19.00 será a quenda da ruada con Os Galácticos. Pola noite, a partir das 23.30 horas, actuarán The Cuncas e Charleston Big Band.

O domingo abrirá cunha nova alborada a cargo de Vai de Roda e ás 12.45 comezarán os oficios de vertente máis relixiosa: primeiro o tradicional paseo do Santo Antón acompañado da charanga Vai de Roda e dos cabezudos e logo a misa campestre cantada por Felisa. Ao remate da misa haberá unha sesión vermú. Pola tarde a rapazada será protagonista coa celebración do Pazolandia, que inclúe inchábeis, xogos e outras actividades.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.