Proseguen (até o sábado) as funcións da XXIV Mostra de Teatro Infantil de Ribeira

06 Xuño 2024

O pasado 31 de maio inaugurouse a XXIV Mostra de Teatro Infantil de Ribeira “Daniel Gómez Ramil”, que inclúe unha decena de espectáculos a celebrar no Auditorio Municipal. Esta edición desenvolverase até este 8 de xuño e como novidade conta por primeira vez con agrupacións teatrais infantís dos catro concellos da comarca de Barbanza-Arousa (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) así como da contorna cun total de 10 formacións.

O público do espectáculo do Colexio de Artes

A iniciativa diríxese a pór en valor a creación teatral feita polos máis pequenos; e serve tamén para estrear a obra de teatro que prepararon os 20 cativos e cativas do grupo municipal.

O pano de fondo levantouno o Grupo de Teatro do CEIP de Artes (nas imaxes), que estreou A escola misteriosa, o pasado 31 de maio.

O sábado 1 de xuño foi a quenda do Grupo Teatrinclis da Escola Airiños (Rianxo), que escenificou Ali, Sía e os pais das marabillas.

Logo actuaron Patakamakabra da asociación Airiños de Rianxo (con Na Rúa 24), o Grupo de Teatro ANPA do Colexio Bandaseca da Pobra (con Aladdin), o Grupo de Teatro da ANPA Cadreche da Pobra (con O mago de Oz), o Grupo Mimarte Kids do Centro Cultural e Deportivo de Boiro (con Encantadas 2), e o Grupo de Teatro Vacalouras de Rois (este xoves, con Mórdeme).

O venres 7 de xuño será a quenda do Grupo Alondra de Palmeira (con Pic Nic) e o sábado 8 do Grupo Infantil Municipal de Ribeira (con Un estraño estraño día).

Estes días pasarán polo escenario do Auditorio Municipal de Ribeira máis de 170 artistas, aínda que os participantes nesta mostra superan os 400, pois moitas nenas e nenos, profesorado, directivos das asociacións de nais e pais e familiares dos artistas colaboran nas tarefas de escenografía, ensaios, traslados ou montaxes.

As funcións serán todas elas ás 19.30 horas e con entrada gratuíta, con apertura de portas media hora antes para todos aqueles que queiran asistir.

O certame clausúrase o sábado 8 de xuño, coa actuación do grupo municipal infantil ribeirense e co acto oficial de clausura da mostra coa entrega dos diplomas e os agasallos a todos os participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...