Proseguen esta “finde” os obradoiros de gravados de gyotaku do Museo de Artes (con entrega de diplomas o domingo 9)

06 Xuño 2024

Esta segunda fin de semana de xuño vaise celebrar no Museo do Gravado de Artes a XVI edición do Obradoiro de Gravado: Gyotaku Gravado. A entrega de diplomas será o domingo 9 de xuño as 13.30 horas no taller de gravado do Museo. Nesta ocasión participarán 13 alumnos/as que proceden das provincias de Bizkaia, Valladolid, Madrid, Cáceres, Pontevedra e a A Coruña.

O curso desenvolverase en base ao seguinte horario: venres (de 16.00 a 20.00 h), sábado (de 10.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h) e domingo (10.00 a 14.00 h).

Os profesores que imparten as actividades formativas, todos eles da Universidade de Salamanca, son José Fuentes Esteve, Antonio Navarro e Isabel Carralero.

As sesións van dirixidas a artistas plásticos e/ou licenciados/as en Belas Artes ou xente interesada no mundo da estampa.

Lembrar que coas obras realizadas polo alumnado dos cursos de gyotaku realizarase unha exposición que terá lugar a finais de novembro no Museo do Gravado. Nesta ocasión será unha Homenaxe a Ribeira, xa que todos os peixes utilizados para realización das obras proceden da Lonxa de Santa Uxía.

O gravado gyotaku, para quen nono o saiba, o gyotaku é un método tradicional artístico xaponés. Esta técnica consiste na impresión natural dun obxecto, na súa orixe peixes (gyotaku é unha palabra composta na que “gyo” significa “peixe” e “taku” significa “fregar”). Esta técnica data de mediados de 1800. Trátase dunha forma de impresión natural que foi empregada usada por pescadores que querían ter un rexistro das súas mellores capturas, pero tamén converteuse nunha forma de arte.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.