O PP de Ribeira presentou unha proposta para ser tratada en pleno relativa ao Museo do Gravado e a Estampa Dixital de Artes e á súa relevancia no panorama museístico estatal e internacional, sendo un referente cultural con grandes posibilidades de colaboración, visibilidade e desenvolvemento. Na iniciativa os populares propoñen instar ao Gobierno de España a que, a través dos Ministerios que considere oportunos e do Instituto Cervantes, “se promocione no país e no estranxeiro a riqueza cultural dos nosos grandes gravadores a través da sinatura dun convenio co Museo do Gravado e a Estampa Dixital e o Concello de Ribeira”.

Na proposta lembran que o Museo do Gravado de Artes é posibelmente “o máis importante de Europa en mans privadas e conta preto de de 40.000 exemplares na súa colección, cedida polo seu promotor e alma mater da Institución, Javier Espósito, en comodato ao Concello de Ribeira, quen o xestiona a través da Fundación Rural Artes, ademais de contar cunha biblioteca ilustrada do primeiro nivel”.
Tamén recordan que a Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica desde as súas orixes aos nosos días, por iso acolle canto técnicas artísticas que operaron desde o século XV ata o momento actual, xustificando a súa denominación: Do Gravado á Estampa Eixital.
Lembran tamén que mediante ordes da Xunta de Galicia do 18 de xullo e 30 de xullo de 2001, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo o 3 de setembro do 2001, clasifícase a institución como de Interese Cultura e de Interese Galego, respectivamente, sendo rexistrada co nº 2001/19.
Desde 2018, en colaboración coa Universidade de Salamanca, organiza obradoiros de gravado, cuxo resultado móstrase non só no propio museo, senón tamén en Portugal, Salamanca e outros lugares da Península.
Ademais, os populares poñen o foco en que a Fundación Museo de Artes ten unha extensa colección de obras que van desde o Século XV ata a época actual e “onde podemos atopar a todos os grandes pintores e gravadores da historia”. Estas obras, engaden, ofrécense en itinerancia en forma de préstamo ás entidades interesadas, como por exemplo as coleccións Os Soños Caprichosos de Pantagruel en Imaxes de Salvador Dalí; Estudos e Imaxes na xénese do Guernica de Picasso, a violencia como asasina da creatividade artística; ou A Divina Comedia de Dante. O Inferno en imaxes de Salvador Dalí, entre outras colecciónsque teñen percorrido a xeografía nacional e internacional e en cesión a institucións do Estado, como a súa exposición en Nova York da man do instituto Cervantes ou a través da Embaixada Española en Costa Rica.
O grupo expón o seguinte: “Parece interesante que o Goberno a través do Ministerio de Cultura e do Instituto Cervantes aproveite a oportunidade que desde o Museo do Gravado de Artes se lle brinda, ao ceder desinteresadamente as súas obras, para poder dar a coñecer aos grandes gravadores do noso país e promocionar, tamén, desta maneira, o propio Museo”.



