A Consellería do Mar apoia a nova edición da Festa da Xouba de Rianxo

05 Xuño 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, no que trasladou o compromiso de apoio e colaboración da Consellería do Mar de cara a celebración da nova edición da Festa da Xouba que acolle o municipio coruñés. Un evento gastronómico de auténtica exaltación deste peixe que conta con selo de calidade propio Xouba de Rianxo- Pesca Artesanal- Arte do Xeito desde o ano pasado e que vai en liña das accións impulsadas desde o Goberno galego de promoción do consumo dos produtos pesqueiros entre a cidadanía. Unha cita que se consolida no calendario e que atrae a numeroso público, cumprindo este ano a súa vixésimo novena edición.

Outro dos asuntos abordados foi a petición do Concello de reverter terreos portuarios para uso municipal, un proceso administrativamente complexo, que implica a diferentes departamentos e que esixe a súa aprobación final polo Consello de Ministros. O responsable autonómico resaltou que a Consellería do Mar traballa desde a pasada lexislatura nun procedemento global para reverter á Administración Xeral do Estado espazos portuarios transferidos no seu día que na actualidade carecen de uso portuario ou a súa actividade é mínima para que, unha vez aceptada, se decida posteriormente a súa transferencia aos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.