Trasladada en helicóptero unha muller que retiraron da auga tras verse en apuros nunha praia de Porto do Son

04 Xuño 2024

Alertados polo 112 as 15:05 por bañista en parada cardiorrespiratoria na praia de Suigrexas.

Protección Civil Porto do Son

Grazas aos primeiros auxilios recibidos por parte dos particulares que se atopaban no areal e á intervención dos profesionais sanitarios, que acudiron ao punto nada mais ser avisados polo 112 Galicia, a muller foi trasladada con vida na aeronave.

Ao fío das 15:00 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que acababan de quitar a unha muller da auga, na praia da Igrexa, en Porto do Son, e que lle estaban practicando os primeiros auxilios..

Foi nese intre cando os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron o helicóptero medicalizado con base en Sanitario ao punto.

Ademais, foron informados do suceso o persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia,  a Garda Civil, a Policía Local  e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Así, tras socorrer á muller, os membros de Protección Civil confirmaron o traslado da bañista na aeronave ao centro hospitalario de referencia.

Protección Civil Porto do Son

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.