Boiro acolle os días 8, 9, 15 e 16 de xuño o XV Torneo de Fútbol Base – Abanqueiro SD

04 Xuño 2024

O Concello de Boiro colabora coa Escola de Fútbol Municipal de Boiro na organización do XV Torneo de Fútbol Base – Abanqueiro SD, que se celebra os días 8, 9, 15 e 16 de xuño no Campo Municipal de Vista Alegre. Na presentación, desenvolvida na mañá deste martes 4 de xuño, participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; e Julio García e Yobanna Sieira, da directiva da EFM.

O torneo está dividido en catro categorías: biberón, prebenxamín, benxamin e alevín, no que van participar máis de 120 equipos de 60 clubs de toda Galicia. “Concorren as mellores canteiras de equipos das catro provincias para garantir que o nivel deportivo se manteña cada ano”, afirmou Julio García.

O sábado 8 xogarase a fase previa de benxamíns e alevíns, o domingo 9 a fase final de prebenxamin e biberón e os días 15 e 16 a fase final de benxamín e alevín.

“O ano pasado tivemos unha asistencia de mais de 4.000 persoas e estimamos que nesta ocasión sexa similar”, afirmou Julio.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a implicación neste torneo “que se celebra dende fai mais de 15 anos e que supón unha importante labor social e deportiva” e animou aos rapaces e rapazas a que desfruten dos partidos e dunha xornada de deporte.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.