O 1 de marzo ruta de tapas do pequeno Entroido de Ribeira

06 Febreiro 2020

Enmarcado no Entroido 2020, o Concello de Ribeira en colaboración coa hostalaría local organiza unha ruta de tapas polos locais adscritos a esta iniciativa. Será o domindo día 1 de marzo, en horario de 12.00 h a 15.00 e cun custo de 2,50 € cada tapa. A ruta de tapas gastronómica realizarase conforme ás seguintes bases:

PRIMEIRA.- Poderán participar neste concurso todos os establecementos de hostalería e restauración do Concello de Riveira que se adscriban a este proxecto. A inscrición nesta ruta supón a aceptación das presentes condicións de participación, así como de eventuais instrucións que adopte a organización.

SEGUNDA.- A temática é preferiblemente o Entroido (uso de produtos de entroido como orellas, chourizo, cocido, melindes,…) dispoñendo neste ámbito os locais participantes de total liberdade creativa.

TERCEIRA.- Para participar nesta ruta os locais hostaleiros deberán inscribirse antes das 23:59 horas do día 10 de febreiro de 2020 nos seguintes contactos: INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Tel.: 686 58 70 00; sanroqueturismo@gmail.com

CUARTA.- Os locais recibirán material de difusión sobre a ruta, papeletas e cartelería.

QUINTA.- Haberá un único premio para os locais hostaleiros participantes, que consistirá nun agasallo conmemorativo e nun diploma que se outorgará polo recoñecemento á mellor tapa do Pequeno Entroido 2019.

SEXTA.- As votacións serán emitidas por votación popular a través da clientela dos establecementos participantes, emitindo o seu voto nas papeletas que haberá en cada local que tome parte desta ruta. Resultará gañador o establecemento que obteña o maior número de votos tras o reconto do xurado. A organización porase en contacto co establecemento premiado como a mellor tapa do Pequeno Entroido 2019.

SÉPTIMA.- Antes do 15 de marzo realizarase nas dependencias do Concello o reconto de papeletas. Ao finalizar o reconto, asinarase a correspondente acta co resultado das votacións. A entrega de premios terá lugar no mes de marzo de 2020, na data, lugar e hora que a organización de concurso determine, o cal será comunicado aos participantes e a opinión pública en xeral.

OITAVA.- O evento será publicado nas diferentes redes sociais e páxinas web. O nome dos establecementos participantes figurarán nos folletos de difusión ao público en xeral. NOVENA.- A participación na devandita ruta de tapas supón a aceptación das presentes bases así como a aceptación do criterio que estableza a organización para resolver cantas cuestións se producisen durante o desenvolvemento do evento. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a organización informa que os datos que se faciliten para participar nesta promoción, xunto cos que se comuniquen no caso de resultar premiado, son necesarios para participar na promoción e serán destruídos unha vez finalizada a mesma.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.