Saínza Pardal captura a esencia mariñeira nunha mostra fotográfica na Casa da Cultura da Pobra

03 Xuño 2024

Chega á Pobra do Caramiñal un proxecto fotodocumental que se mergulla no proceso de cultivo dun dos produtos estrela da ría da Arousa: o mexillón.

Baixo o nome Barlovento, a artista Saínza Pardal retrata tódalas fases deste proceso dende un punto de vista conceptual e íntimo. Estas imaxes amosaranse ao público na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

O acto inaugural será no 7 de xuño, ás 20.30 horas, e contará coa participación da propia artista na compaña da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

A entrada é libre ata completar a cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.