A colometría e as tendencias para esta tempada centran unha xornada (este martes) na sede da Asociación de Empresarios de Ribeira

03 Xuño 2024

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai organizar unha nova actividade divulgativa e informativa destinada a mellorar o día a día dos establecementos comerciais asociados, captar clientes e mellorar visibilidade e competividade. A xornada Colometría e tendencias (primavera-verán) celebrarase este martes 4 de xuño a partir das 16.00 horas. Segundo avanza a organización da xornada, a través dela “descubriremos que cores son os que máis favorecen a cada asistente e falaremos das tendencias desta primavera verán e como adaptalas a cada silueta”. A asistencia será gratuíta previa inscrición no 981 873 719. A xornada levarase a cabo no local da Asociación de Empresarios de Ribeira, no 13 da rúa Rosalía de Castro. Organiza a Asociación de Empresarios co apoio da Xunta e o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.