Más de 13.000 estudantes galegos enfróntanse á ABAU 2024 a partir deste martes 4 de xuño

02 Xuño 2024

Un total de 13.448 estudantes galegos, uns 600 máis que o ano pasado, matriculáronse para participar na convocatoria ordinaria da Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU), que se celebrará entre este martes e xoves, do 4 ao 6 de xuño. (Horarios)

Os exames, anteriormente coñecidos como selectividade, reunirán a máis de 13.400 aspirantes, dos cales uns 13.000 participarán na modalidade ordinaria, mentres que 452 estudantes requiren necesidades específicas de apoio educativo. As probas realizaranse en 36 centros distribuídos nunha decena de localidades galegas.

Ademais de en facultades das sete principais cidades (A Coruña, Santiago, Vigo, Ferrol, Lugo, e Ourense), as avaliacións levarán a cabo en institutos de Cee (A Coruña), A Rúa (Ourense) e Viveiro (Lugo).

Como todos os anos, a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) habilitou unha sede adicional no Colexio Santiago Apóstolo de Pontevedra, en colaboración coa ONCE, para 15 aspirantes con necesidades especiais de apoio máis específicas ou con algunha discapacidade. Alí, terán todo o material e a asistencia que necesiten.

A ABAU 2024 comezará o martes ás 9:00 horas cunha presentación, seguida do primeiro exame, que este ano será de Lingua Galega e Literatura ás 10:00 horas. En xeral, os estudantes realizarán un total de sete probas ao longo das tres xornadas que dura a selectividade.

Estas probas inclúen cinco correspondentes á parte obrigatoria, que xunto coa media de Bacharelato permite obter ata 10 puntos, e dous de materias específicas (aínda que poden optar por máis) que permiten subir a nota ata 14. Os resultados, que se coñecerán unha semana despois, conformarán a nota de acceso coa que os aspirantes tentarán conseguir praza nunha universidade.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.