Este martes remata o prazo de inscrición do Campamento Dixital de Rianxo para a mocidade

02 Xuño 2024

O Concello de Rianxo organiza dous campamentos dixitais gratuítos para a mocidade durante os meses de verán. A actividade desenvolverase no Auditorio de Rianxo e terá como obxectivo fundamental formar a mozos e mozas en competencias dixitais, garantindo así a súa plena capacitación tecnolóxica. O período de preinscrición para as persoas interesadas fica aberto até este martes 04 de xuño.

A iniciativa foi dada a coñecer este mércores 29 de maio pola concelleira de Xuventude, Ana Vidal Fungueiriño.

Segundo explicou, o Campamento Dixital de Rianxo vai dirixido a mocidade de 12 e 13 anos e de 14 a 17 anos. Será gratuíto e terá unha duración de 15 días, de luns a venres de 10.30 a 13.30h. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais.

Trátase de dous campamentos dirixidos aos seguintes grupos de idade e cos seguintes contidos:

De 12 a 13 anos

​​​​​Benestar dixital

Seguridade, privacidade e reputación na Rede

Filtros eficaces e ferramentas de buscas

​​Comunicación en liña e prevención do ciberacoso

Compartir ideas e contidos en Internet

De 14 a 17 anos

Saúde dixital: hábitos saudábeis e benestar dixital

Retos víricos e comportamentos positivos e negativos nas redes sociais e en Internet

Protección de datos, identidade dixital e reputación en liña

Liberdade de expresión e respecto en contornas dixitais

Profesións emerxentes e competencias dixitais para a busca de emprego

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.