Aberto até o 6 de xuño o prazo de inscrición da bolsa de emprego supletoria do Servizo de Axuda no Fogar na Pobra

31 Maio 2024

O Concello da Pobra vén de informar de que o prazo de presentación de solicitudes e entrega da documentación para participar no proceso selectivo para unha bolsa de emprego supletoria do Servizo de Axuda no Fogar permanece aberto ata o 6 de xuño, inclusive.

Trátase dunha convocatoria efectuada por parte do Executivo local destinada á contratación de persoal laboral de duración determinada para a cobertura temporal do posto de traballo de auxiliar do SAF. O obxectivo é “garantir a cobertura de xeito temporal das vacantes por permisos, vacacións ou incapacidades laborais temporais”.

A dita bolsa será supletoria das aprobadas anteriormente, polo cal se empregará cando non exista persoal dispoñible nas anteriores.

Entre os requisitos figuran ter o título da formación profesional do grao medio de Atención Sociosanitaria ou o equivalente, do grao medio en Coidados Auxiliares de Enfermaría, ou do certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio. Tamén é preciso estar na posesión do permiso de condución da clase B e poder dispor dun vehículo para se desprazar no horario laboral, ademais do coñecemento do galego correspondente co nivel do CELGA 2.

O proceso de selección será polos méritos. Valoraranse de acordo cos criterios seguintes: o tempo da experiencia no posto de persoal de axuda no fogar ou afín, a categoría profesional no traballo inmediatamente anterior como persoal de axuda no fogar ou afín, e a formación académica.

Presentaranse as solicitudes de participación mediante unha instancia no rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 09.00 ás 14.00 horas, xunto con toda a documentación necesaria para valora-los méritos mencionados. O anuncio desta convocatoria publicouse no 15 de maio no taboleiro de anuncios da sede electrónica, onde permanece colgado o texto íntegro.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...