A Xunta avalía a posibilidade de que facultativos con segunda residencia no Barbanza poidan traballar no verán nos centros de saúde da zona

30 Maio 2024

A Xunta está a avaliar a posibilidade de que facultativos con segunda residencia no Barbanza poidan traballar no verán nos centros de saúde da zona. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, informou hoxe, en resposta a unha pregunta parlamentaria, sobre a atención sanitaria no centro de saúde de Ribeira e as medidas previstas para incrementar a cobertura das prazas de médicos.

Gómez Caamaño incidiu en que, ante a falta de médicos, fundamentalmente nas especialidades de medicina familiar e comunitaria e pediatría, unha problemática que afecta a toda España, a Xunta está a buscar solucións imaxinativas e resolutivas. 

Apuntou a posibilidade de que facultativos externos acudan puntualmente a realizar xornadas de consultas, ademais de, en diálogo coas xerencias das áreas sanitarias,  deseñar plans que permitan cubrir a asistencia aos pacientes ante este falta de profesionais.

Remarcou que a atención urxente de todos os pacientes que acoden por enfermidade ao centro de saúde de Ribeira está garantida, aplicando todas as ferramentas de clasificación de doentes dos que dispón para iso o Servizo Galego de Saúde. Lembrou, ademais, que o centro de saúde conta coa colaboración e presenza de todo o persoal de enfermería, que fai un labor moi importante no seguimento dos pacientes crónicos e na atención dos agudos.

Gómez Caamaño incidiu en que, unha das prioridades que ten o seu departamento, é a mellora da atención primaria, facendo que as prazas de médico de familia ou de pediatra deste nivel asistencial sexan realmente atractivas. Tamén lembrou que a Xunta destina  cada vez máis recursos ao persoal de atención primaria, investindo, na actualidade, un 37% máis do que o facía o Goberno bipartito, e contando con 700 efectivos máis  ca entón.

Na súa intervención, o conselleiro demandou solucións urxentes ao Ministerio de Sanidade para cubrir a falta de profesionais sanitarios, un asunto de orixe estatal, posto que o problema vén motivado polo atraso no inicio da formación de xeración MIR no ano 2020, con motivo da pandemia. Sinalou que o Goberno de España, como responsable desa planificación, debe afrontar o problema coas comunidades e dar solucións, posto que a poboación necesita médicos no verán.

Apuntou que a Xunta segue a traballar para tratar de paliar esta situación, con medidas pioneiras como foi a aprobación dunha lei de medidas extraordinarias para cubrir postos considerados de difícil cobertura.

En concreto, no centro de saúde de Ribeira, hai tempo que o Executivo galego está a traballar para paliar o déficit de profesionais, creando no 2020 unha nova praza de facultativo en horario de mañá e solicitando no 2022 a reconversión de dúas prazas de médico de familia a facultativo especialista en primaria, que se cubriron con dous profesionais. 

Ademais, no PAC aumentouse o pasado ano a presenza de médicos e enfermeiras nas quendas de tarde de luns a venres. Todas estas medidas amosan o compromiso da Xunta para garantir unha asistencia de calidade neste concello, incidiu Caamaño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.