“Descarbonizar non é o problema do sector pesqueiro” – Antón Luaces

29 Maio 2024

O problema que afecta arestora ao sector da pesca de Galicia no é asumir a descarbonización, que non se opón -nin moito menos- a tal formulación, considerada esta como beneficiosa pata os ecosistemas: oponse á eólica masiva, que lle impide planificar un futuro inmediato. Tan inmediato, que serán os parques eólicos mariños os que impoñan a lei do máis forte. Pero non son as enerxías renovables as inimigas dos mariñeiros. O problema radica na cobiza das compañías eléctricas que, sen avaliar os impactos,  pretenden una implantación de eólicos que atentan contra o presente e o futuro das e dos profesionais da pesca.

As rúas de Burela (Lugo) foron escenario este sábado, da protesta contra a eólica mariña, considerada “incompatible” coa biodiversidade dos ecosistemas mariños. Os mariñeiros coidan que o cambio climático afectan por partida dobre aos seus intereses: en tanto en canto que integrantes da sociedade civil e, pola outra banda, na súa condición de traballadores que dependen do bo estado dos ecosistemas mariños para seguir a vivir da pesca e levando alimento á poboación.

É un segmento da poboaciòn que, como membros do gremio de pescadores, están a prol da xa citada descarbonización e mesmo a implementación das enerxías renovables limpas que reduzan as emisións de CO2, sempre e cando as instalen fóra dos caladoiros de pesca e se realicen as avaliacións de impacto, previas á súa implantación.

No Manifesto de Burela, os pescadores fan constar que a costa atlántica e cantábrica de España, son as máis ricas en caladoiros de pesca e teñen una das frotas de pesca máis importantes da UE, con máis de 200 caladoiros catalogados en Galicia e Asturias, de aquí que a enerxía eólica mariña non sexa compatible cos usos cotiás nin coa “escasa plataforma continental” da que dispoñen.

A contaminación acústica e as súas graves consecuencias para as aves e mamíferos mariños, ao igual que os cambios na rapidez e dirección das ondas e os posibles efectos da alteración das correntes mariñas e a súa afectaciòn aos substratos e á biodiversidade , son os principais impactos acumulativos no medio mariño.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.