O Concello de Rianxo vén de recibir unha axuda de 58.056,77€ da Consellería de Economía e Industria para a reforma integral da vía que proporciona acceso ao Polígono Industrial do Te dende A Laxe e dende O Montegrande.
A actuación, que conta cun investimento total de 72.570,96€, consistirá fundamentalmente na instalación dunha rede de recollida de pluviais e na pavimentación do dito acceso con aglomerado en quente.




