O drama dos campos de refuxiados en Europa centra un acto no Ateneo Valle-Inclán (este venres con Exidio Cuíñas)

30 Maio 2024

A editora Lobisome Producións organiza en Ribeira, este venres, unha palestra arredor dun tema de tráxica actualidade: os campos de refuxiados en Europa. Será no Ateneo Valle-Inclán, cun acto ao que están especialmente convidados diversos colectivos de cooperantes internacionais, como Somos Humanos, Somos Refuxio ou Nos seus pés.

Porase o foco no drama de miles de persoas atrapadas polo peche da ruta dos Balcáns, unha traxedia da que darán conta dous cooperantes voluntarios galegos desprazados á vila grega de Idomeni para axudar aos refuxiados sirios e afgáns acampados alí: Azucena e Xabier, personaxes reais e veciños de Santiago.

O acto lévase a cabo con motivo do lanzamento da obra baseada en feitos verídicos do escritor cambadés Exidio Cuíñas, titulada Serei os teus ollos en Idomeni, e xirará sobre unha conversa a dúas voces: as dunha das persoas voluntarias no campo grego de refuxiados, a compostelá Azucena Rodríguez, xunto co autor da obra, ambos en faladoiro co editor Antón Mascato. Proxectaranse documentais das condicións de vida nese campo.

Será no Ateneo Valle Inclán, na praza de Compostela, 11, de Ribeira, o venres día 31 de maio, ás 20.00 h. da tarde. Con entrada e participación libre ata completar o aforo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.