Boiro recibe unha subvención de 105.919 euros para a mellora das comunicacións e a seguridade o Polígono de Espiñeira

29 Maio 2024

O Concello de Boiro informou de que a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia apoiará cunha subvención por importe de 105.919,79 euros a mellora de infraestrutura viaria e instalación de sistemas de seguridade no Parque Empresarial de Espiñeira.

Dende o Consistorio engaden que esta liña de subvencións está destinada aos Concellos e están incluídas nas axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Boiro solicitou dúas actuacións, por unha banda a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia e, pola outra, a mellora dunha vía da fase I do parque empresarial.

As actuacións relativas á instalación dun sistema de seguridade e vixilancia “ten como finalidade aumentar a seguridade das empresas do polígono, instalando máis sistemas de vixilancia que dean cobertura a todas as factorías do parque empresarial”, explicou o Concello, engadindo que en materia de optimización da infraestrutura viaria proxéctase a realización dun tramo de beirarrúa e pavimentación de beirarrúas existentes nunha estrada dunha lonxitude de 680 metros da fase I, “aumentando a seguridade de condutores e peóns”.

O Concello lembra que o Parque Empresarial de Espiñeira comezou a súa andaina en 1998 e na actualidade conta cunha superficie de máis de 300.000 metros cadrados, co terreo industrial completamente esgotado e máis do 80% das parcelas xa ocupadas.

Nos últimos anos instaláronse no Polígono grandes factorías polo que a afluencia diaria de persoas é cada vez maior. “Isto”, engade o Consistorio, “sumado ao tempo transcorrido, fai que as infraestruturas viarias precisen de melloras e tamén de máis medidas de vixilancia para garantir a seguridade das empresas fronte aos posíbeis casos de vandalismo”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.