“Cando existen intereses contrapostos na pesca”. Antón Luaces

28 Maio 2024

Dicirmos que hai diverxencia entre o sector pesqueiro e os gobernos (autonómico e/ou central) non é descubrir, arestora, o Atlántico. Resulta tan evidente ese desencontro, que só a desunión permanente no eido da pesca marítima explica que o sector, en Galicia e as comunidades pesqueiras españolas, non teña producido mobilizacións de gran calado (nunca millor dito) que reconduciran determinadas accións gobernativas para que a pesca non resultara tan prexudicada por aquelas.

A desunión no sector é tan perceptible que, con botar unha ollada ao acontecido nos últimos 30-40 anos, comprenderemos a escaseza de folgos para endereitar a desnortada marcha do mesmo, cunha perda constante de postos de traballo, carencia de axudas económicas cando esta eran e son tan necesarias para o mantemento da que foi unha das frotas pesqueiras máis importantes de Europa (tamén do mundo), falta de visión nas autoridades pesqueiras para manter -en base ao dereito marítimo internacional- as “prebendas” concernidas pola historia e que os distintos gobernos españois non souberon  defender (casos como os da “guerra do fletán”, as “cortinas da morte”, os desencontros con Argentina en as augas internacionais deste país austral, a imposición pola UE de restricións que dó afectaron aos pesqueiros españois, a aceptación sen máis de absurdas decisións tomadas por países en cuxas augas pescaban os nosos barcos como Marrocos, Namibia, Francia, Portugal, Reino Unido, etc., e problemas máis locais coma vedas, prezos do combustible dos barcos nunca compensados comparativamente coa agricultura, a gandaría, o transporte por estrada, a non intervención por convencemento dos beneficios derivados de formulaciòns protecionistas coma o recoñecemento da iniciativa Mar de Lira, e tantas outras, que conduciron sempre a poñer na balanza os coñecementos das autoridades pesqueiras en comparación cos dos pescadores. 

Que será, por exemplo, o que xungue á Xunta de Galicia e ao Goberno central en asuntos que poden afectar tan diretamente aos sectores da pesca e o marisqueo como son os parques eólicos e a celulosa Altri, contra os que tan abertamente  se manifestan os citados sectores e aos que a Xunta e o Goberno defenden como se neles lles fora a vida?. Que explica a facilidade de entendemento con esas empresas

e o deixar en banda a milleiros de persoas que, como mariscadores e pescadores aportan un importante “pico” ao Produto Interior Bruto (PIB) dos concellos costeiros e, consecuentemente, de Galicia?. Teñen que optar, acaso, polo que máis dano ocasiona a quen vive do mar? .

Saben eles máis do mar ca os que viven deste?.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.