O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá no 30 de maio, ás 12.00 horas, a entrega do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro e a presentación da obra gañadora desta edición: Fóra de xogo, de José Luis Baños. Esta actividade atópase ao abeiro da programación do Maio das Letras Galegas 2024.
Ao acto asistirán, ademais do propio autor, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro; e a presidenta da A. C. Barbantia, María Xesús Blanco.
DÍA: xoves 30
HORA: 12.00 horas
LUGAR: Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal




