Amicos celebrou este sábado a súa III xornada de Convivencia Familiar

27 Maio 2024

A Asociación Amicos retomou este sábado 25 de maio a súa tradicional Convivencia Familiar Amicos tralo paro producido pola COVID. Esta terceira edición reuniu a máis de 150 persoas, entre as que se contaban beneficiarios/as, traballadores/as e familiares. O encontro comezou cunha asemblea no Centro de Atención Integral de Comoxo (Boiro) e finalizou cunha gran comida no restaurante Arume de Boiro.


A xornada comezou no Centro de Atención Integral da entidade, onde as familias puideron ver as melloras e ampliacións realizadas no complexo nos últimos meses. A continuación, participaron nunha asemblea para coñecer como se desenvolveu o último ano
para Amicos e Integrados, esta última a asociación do grupo destinada a fomentar o ocio inclusivo para persoas con discapacidade.

Concluída esta primeira parte, os cento cincuenta asistentes déronse cita no Restaurante Arume de Boiro. Alí compartiron unha gran comida amenizada con música, sorteos, distintas actividades para pequenos/as e grandes como obradoiros de maquillaxe e tatuaxes.

O obxectivo deste encontro familiar é “proseguir creando lazos entre tódolos membros que forman parte de Amicos”, tanto beneficiarios e beneficiarias como equipo e familias. Mostra disto é o lema que leva acompañando a este evento dende o seu comezo: O noso ás de corazóns. A través desta frase faise alusión ao papel clave que desempeñan as familias dos amicos e amicas para a entidade. Así, mediante este tipo de actividades as familias non só coñecen directamente as actividades e o centro no que os seus familiares pasan parte do seu día, tamén lles poñen cara ás persoas que traballan e apoian aos amicos/as.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...