O Auditorio de Rianxo recibe este venres a obra de teatro “Gaia Baba, a meiga”

27 Maio 2024

O venres 31 de maio ás 20.00 h dará comezo a obra de títeres de mesa, teatro físico e máscara “Gaia Baba, a meiga”. A obra está destinada a todos os públicos e a entrada será de balde ata completar o aforo da sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A taquilla abrirá as súas portas unha hora antes do comezo do espectáculo que durará 60 minutos.
“Gaia Baba, a meiga” é unha obra para toda a familia que pode seducir e apelar tanto a nenos como adultos. Plantexa unha mestura de linguaxes escénicas e plásticas que pasa polas máscaras, a danza e distintas técnicas de marionetas, dende un monicreque de man ata un oso polar de dous metros. Nela represéntase un mundo completamente contaminado ao que todos deron por perdido, todos menos a meiga Gaia Baba que loita para que a natureza gañe a partida contra os seres malvados que tentaron destruila.

A compañía Nauta será a encargada de traer a Rianxo esta peza, un grupo de creadores que empregan as disciplinas do teatro físico, a máscara e os monicreques. Segundo eles se definen, pretenden ser un punto de encontro onde mergullarse no extraordinario mundo da arte co obxetivo de facer un teatro contemporáneo, multidisciplinar e accesible para todos os públicos.

“Nos seus tres anos de traxectoria ten catro espectáculos no seu repertorio e colabora con varios proxectos europeos. Todos eles tratan temáticas sociais e de actualidade que afectan sobre todo á xuventude e ao mundo de hoxe, e que precisan de ser
abordados dende unha linguaxe contemporánea e novidosa”. “A obra Gaia Baba, a meiga” volve ser estreada este 2024 cun novo elenco e dramaturxía coa dirección de Rafael Rey, con Carlos Gallardo, Nicolás Otero e Pilar Pingarrón como intérpretes e
Filipe Miranda como músico orixinal da obra.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.