Ambar celebrou o Día das Familias no seu Centro de Recursos de Ribeira

25 Maio 2024

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrou o día Día das Familias coma cada ano, mais nesta ocasión a celebración tivo lugar no seu Centro de Recursos. As familias, amigos, colaboradores e persoas voluntarias puideron ver o que se leva a cabo no día a día e as persoas usuarias de Ambar encargáronse de amosar o que levan a cabo en cada un dos obradoiros.
Durante a xornada leváronse a cabo diversas actividades. Ademais de poder coñecer as instalacións, os obradoiros e a metodoloxía de traballo, as persoas asistentes tamén desfrutaron das exhibicións dos grupos de Taekwondo e Boxeo de Ambar ,dun obradoiro de de baile a cargo de Taller Alecrín, unha competición de merengue e pasodoble e unha exibición de Linedance e Baile Social.
A celebración rematou cun aperitivo e o discurso de peche de Milagros Rey agradecendo a tódalas persoas asistentes pola súa asistencia e apoio neste evento tan especial. Tamén dou gracias a colaboradores e voluntarios, especialmente a Alicia Agrelo e Clara Millares, adestradoras do equipo de Taekwondo e de Boxeo de Ambar.

A presidenta de Ambar tamén animou a todo o mundo a inscribirse na Carreira pola Diversidade “Este ano é o décimo aniversario e esperamos que tamén nos acompañedes en familia, xa que hai categorías dirixidas a tódolos públicos”. As inscricións do evento que terá lugar o 14 de xullo na Explanada de Coroso, están abertas na páxina de Cronotec.

Fotos AMBAR

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...